menu

Drop Down MenusCSS Drop Down MenuPure CSS Dropdown Menu

sábado, 28 de septiembre de 2024

jueves, 4 de julio de 2024

Tranquilidade

 Reflexionar, recordar,

elixir, decidir …

A miña mente está en busca

do esencial para min, para sentirme ben, 

para seguir adiante con decisión e segura 

de que estou facendo o que debo.








domingo, 18 de febrero de 2024

O mellor de min

 Cada día dar o mellor de min,

cada día, sen esperar nada a cambio,

cada día, sen ver a quen te anime a seguir,

sen saber como será o teu futuro,

soamente para coidar 

a quen deu todo por min.

Pero, hai veces, que necesitaba

un momento onde poder ver que parte

dos meus soños se cumpren.


“One moment in time”




lunes, 25 de diciembre de 2023

Nadal 2023

 Si, loitaría por ti…

Si, todo o que eu fago,

fágoo por ti.

Quen merece a pena?

En quen confiar de novo?

Dar todo por unha persoa e ver que

non é mutuo, doe.

Pero eu non poderei vivir o amor 

doutra maneira. 

Se un día me namoro

será así.




martes, 12 de diciembre de 2023