menu

Drop Down MenusCSS Drop Down MenuPure CSS Dropdown Menu

lunes, 25 de diciembre de 2023

Nadal 2023

 Si, loitaría por ti…

Si, todo o que eu fago,

fágoo por ti.

Quen merece a pena?

En quen confiar de novo?

Dar todo por unha persoa e ver que

non é mutuo, doe.

Pero eu non poderei vivir o amor 

doutra maneira. 

Se un día me namoro

será así.




martes, 12 de diciembre de 2023

miércoles, 15 de noviembre de 2023

Silencio

 


Se algún día puidese                          

ser escuma de mar a miña voz 

devalarían os latexos para bicarche o ouvido, 

tremería a brancura 

até o fin de cada terra contigo, 

voaría este alento 

entre o sal e o fulgor. 

Como se a punta das ondas 

nesta punta do mundo 

chegase exactamente 

ao teu extremo amor. 

Yolanda Castaño



lunes, 7 de agosto de 2023

Esperanza

 Intento pasalo ben,

descansar, 

recuperar a alegría,

aprender a vivir así,

non esperar nada de ninguén,

soñar que un día

alguén me sorprenderá sen máis,

poderei confiarme,

e cantar por todo o alto

esta canción.

“Te amo tanto”




martes, 11 de julio de 2023

En busca da cura

 Cando ves que alguén 

se alegra de verte,

que te busca,

que está pendente de ti…

É a mellor sensación que podo sentir.

E despois corresponder, 

cun abrazo, un beso…

Aínda que me fixeron sufrir moito,

sinto que o amor sempre será 

o meu motor na vida.

“I don’t wanna fall in love”: Chris Isaac


miércoles, 14 de junio de 2023

En busca da alegría para sanar

Non máis tristeza, 

non máis soidade,

non máis pesimismo…

Necesito volver a ser quen era,

non quero preocuparme por nada 

máis que non sexan os meus.

Terei que conformarme…

Pero aquí non o consigo…

Espero con ansiedade estar aí,

tranquilamente…

E conseguir recuperarme.


“NOTHING COMPARES”: SINEAD O’CONNOR

domingo, 28 de mayo de 2023

O mellor

 O mellor compañeiro de vida

será aquel que me corresponda

en todo o que eu fago por el.

Aquel que me quere ver feliz

por encima de todo,

aquel que me cuida e se preocupa

por min non só con palabras

senón con feitos.

Aquel que ante os problemas

fai o imposible por solucionalos.

Aquel que acepta os erros

 e cada día quere ser o mellor.

Aquel que se me decepciona

QUERE RECUPERARME.

Aquel que nunca me deixará soa.



“THE BEST”: TINA TURNER

viernes, 19 de mayo de 2023

Un pouquiño de luz

 Chegou unha pequena alegría, 

que me vai dar algo dese descanso que necesito,

coa que, por fin, me valoran 

todo o meu esforzo e traballo.

Pero é unha alegría que 

non me devolve a felicidade ao meu corazón.

Agora estou aquí, no meu refuxio.


“It must have been love”: Roxette

lunes, 15 de mayo de 2023

Borrar a tristeza

 Ando de forma mecánica,

traballo de forma mecánica…

Pero cando vou dar o paseo,

párome a pensar o que pasa,

e non consigo a solución.

Gustaríame andar este camiño

máis rápido, pero pasa lento…

Nunca esquecerei este tempo.

Só me queda esperar, esperar

a que o tempo me devolva 

a felicidade que eu tiña 

e que me sacaron

pouco a pouco.        Enya: “Only time”




miércoles, 26 de abril de 2023

Rexurdir

 Cantas veces máis o meu corpo

sentirá os efectos da tristeza!

Intento loitar para que non me afecte

pero non o consigo!

Agora teño que rexurdir de novo!

Limpar os restos que quedaron,

como as olgas que están na area

despois de moito mar.




Bruce Springsteen: “Sad eyes “


lunes, 17 de abril de 2023

NADA MÁIS

 Nada máis que respirar ese salitre,

nada máis que pasear sen présa, sen medo…

Nada máis que probar a auga,

que mirar ao meu redor e sentir esa calma…

Repítome mil veces que é iso o que necesito,

NADA MÁIS!

Aínda que sei que o amor

me daría esa ilusión perdida.






“Up where belong”: Joe Cocker

domingo, 9 de abril de 2023

COLORIDO

 Rosa, celeste, verde, area, mariño…

Cada día que vou,

nunca está igual.

O que sempre penso é no difícil que é

estar alí dentro, sen ver os que máis queres.

Por iso teño que aguantar,

porque o vivín desde pequena

e nunca oín unha queixa.

Por iso agora eu teño que 

seguir o exemplo que me deches.




“You’ll see”: Madonna

miércoles, 5 de abril de 2023

DÍAS DE PAZ

Canto necesito esta tranquilidade

cada día! 

Cada vez levo peor estar lonxe de aquí.

É difícil estar soa onde non quero estar,

non poder acompañarme dos que quero, 

pasar os mellores anos da miña vida así,

sen ningunha alegría.

Pero de todo se aprende, 

e agora, máis que nunca,

sei o que quero

e o que nunca vou volver a permitir.




“Spending my time”: Roxette

sábado, 25 de marzo de 2023

TARDE DE BUÑUELOS

 Probo mil cousas para calmar 

esta ansiedade, pero nada fai

que  a miña mente pare de buscar

entre os recordos, que o meu corpo

descanse sen máis. 

Cantas veces miña nai 

me fixo estes buñuelos! Agora tócame a min!

O mellor da vida é encontrar a unha persoa

que saque o mellor de ti, que te coide nos 

momentos malos e que nunca, nunca 

se aparte de ti.

“I’ll stay by you”: The Pretenders

miércoles, 22 de marzo de 2023

A pesar de todo sigo adiante



 Desconfianza e dolor

son os sentimentos que me dominan.

Penso nos motivos e son reais.

Poderei algún día ser feliz eu soa? 

Espero que si, 

necesito sentirme ben 

soa.

Laura Pausini: “Un buen inicio”

miércoles, 15 de marzo de 2023

Chega a caloriña

 Xa está aquí a caloriña,

tanto que me gusta,

pero a mesma rutina,

día tras día o mesmo sentir.

Non encontro nada que me ilusione,

só teño decepcións.

Escoito o que me di o corazón,

poderei confiar de novo?

Algún día volverei a deixarme levar por el?


“Listen to your heart”: Roxette


miércoles, 8 de marzo de 2023

MORRIÑA

Morriña,

É o sentimento que me invade,

sempre presente,

morriña por vervos,

morriña por compartir momentos,

porque cada día que pasa

sen estar aí,

non significa nada.

Estes anos son pura rutina,

pero estando ao voso lado

teñen sentido.








“Always remember us this way”: Lady Gaga


.




miércoles, 1 de marzo de 2023

RECORDOS

Cantas veces teño paseado por aí,

os anos fan que teña outra mirada.

Teño claro o que quero,

non máis promesas sen cumprir.

Cantas veces te boto de menos,

cantas veces nos despedimos…

Teño que aceptar todo

e ser feliz, a pesar de estar 

onde non quero

e vivir

o que non quero.



“Entre mis recuerdos”: Luz Casal

lunes, 27 de febrero de 2023

CALMA

 As Policas, o meu refuxio.

O único que me faría estar ben 

noutro lugar 

sería encontrar o verdadeiro amor.

Repítome a min mesma: Calma, todo pasa!

Pero aquí nada ten sentido.

A cada momento o meu corazón pídeme

estar alí, pasar tempo cos meus…

Estar na casa.


Roxette: “Listen to your heart”



jueves, 23 de febrero de 2023

Es ti cando miro o mar

 A veces un non pode aguantalo 

todo só,

a veces un necesita axuda,

a veces un ten que desfrutar da vida.

Non sei como facer que me entendas,

Xa coñezo como é loita,

agora escóitame,

Es ti a razón pola que son así,

es ti a razón pola que non paro,

es ti a razón que me fai difícil 

estar aquí.



“Sometimes You Can't Make It”: U2



martes, 21 de febrero de 2023

UNHA VENTÁ NO CEO

 Unha ventá pola que poida 

falar cos que alí descansan,

pedirlles consello, xa que todo o ben…

Así nunca me quedaría soa,

así nunca me enganarían,

así estaría tranquila,

sabendo que os meus 

estarían sempre comigo.





“Always”: Bon Jovi


lunes, 20 de febrero de 2023

PRAIA DAS POLAS

 Aínda me acordo cando non ía ninguén.

Que gusto!

Eu sigo igual, 

pasando as miñas tardes de verán alí!

Intento non pensar,

limítome a seguir esa rutina.

Cando estou en Castro,

gustaríame que o tempo pasase rápido.

Sinto que teño que estar aquí

cos meus!



“La isla bonita”: Madonna

domingo, 19 de febrero de 2023

A torre dos meus soños

A torre dos meus soños


Está construída sobre unha boa base,
pedra a pedra que vou encontrando.
Pero é fráxil, calquera persoa, o tempo mesmo,
pode desfacela nun momento.




                                             I’ll never love again”: Lady Gaga