menu

Drop Down MenusCSS Drop Down MenuPure CSS Dropdown Menu

sábado, 25 de marzo de 2023

TARDE DE BUÑUELOS

 Probo mil cousas para calmar 

esta ansiedade, pero nada fai

que  a miña mente pare de buscar

entre os recordos, que o meu corpo

descanse sen máis. 

Cantas veces miña nai 

me fixo estes buñuelos! Agora tócame a min!

O mellor da vida é encontrar a unha persoa

que saque o mellor de ti, que te coide nos 

momentos malos e que nunca, nunca 

se aparte de ti.

“I’ll stay by you”: The Pretenders

miércoles, 22 de marzo de 2023

A pesar de todo sigo adiante



 Desconfianza e dolor

son os sentimentos que me dominan.

Penso nos motivos e son reais.

Poderei algún día ser feliz eu soa? 

Espero que si, 

necesito sentirme ben 

soa.

Laura Pausini: “Un buen inicio”

miércoles, 15 de marzo de 2023

Chega a caloriña

 Xa está aquí a caloriña,

tanto que me gusta,

pero a mesma rutina,

día tras día o mesmo sentir.

Non encontro nada que me ilusione,

só teño decepcións.

Escoito o que me di o corazón,

poderei confiar de novo?

Algún día volverei a deixarme levar por el?


“Listen to your heart”: Roxette


miércoles, 8 de marzo de 2023

MORRIÑA

Morriña,

É o sentimento que me invade,

sempre presente,

morriña por vervos,

morriña por compartir momentos,

porque cada día que pasa

sen estar aí,

non significa nada.

Estes anos son pura rutina,

pero estando ao voso lado

teñen sentido.








“Always remember us this way”: Lady Gaga


.




miércoles, 1 de marzo de 2023

RECORDOS

Cantas veces teño paseado por aí,

os anos fan que teña outra mirada.

Teño claro o que quero,

non máis promesas sen cumprir.

Cantas veces te boto de menos,

cantas veces nos despedimos…

Teño que aceptar todo

e ser feliz, a pesar de estar 

onde non quero

e vivir

o que non quero.



“Entre mis recuerdos”: Luz Casal