menu

Drop Down MenusCSS Drop Down MenuPure CSS Dropdown Menu

domingo, 28 de mayo de 2023

O mellor

 O mellor compañeiro de vida

será aquel que me corresponda

en todo o que eu fago por el.

Aquel que me quere ver feliz

por encima de todo,

aquel que me cuida e se preocupa

por min non só con palabras

senón con feitos.

Aquel que ante os problemas

fai o imposible por solucionalos.

Aquel que acepta os erros

 e cada día quere ser o mellor.

Aquel que se me decepciona

QUERE RECUPERARME.

Aquel que nunca me deixará soa.



“THE BEST”: TINA TURNER

viernes, 19 de mayo de 2023

Un pouquiño de luz

 Chegou unha pequena alegría, 

que me vai dar algo dese descanso que necesito,

coa que, por fin, me valoran 

todo o meu esforzo e traballo.

Pero é unha alegría que 

non me devolve a felicidade ao meu corazón.

Agora estou aquí, no meu refuxio.


“It must have been love”: Roxette

lunes, 15 de mayo de 2023

Borrar a tristeza

 Ando de forma mecánica,

traballo de forma mecánica…

Pero cando vou dar o paseo,

párome a pensar o que pasa,

e non consigo a solución.

Gustaríame andar este camiño

máis rápido, pero pasa lento…

Nunca esquecerei este tempo.

Só me queda esperar, esperar

a que o tempo me devolva 

a felicidade que eu tiña 

e que me sacaron

pouco a pouco.        Enya: “Only time”